Coidados na Diáspora
Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas na España
Ver arquivo fotográficoO proxecto “Coidados na diáspora. Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas en España”, financiado polo Instituto de las Mujeres (Ministerio de Igualdade), consiste nun proceso de creación artística a través de metodoloxías visuais que busca poñer en valor as narrativas das mulleres sobre a súa propia experiencia da migración, explorando as relacións entre coidado e traballo.
A través dunha serie de obradoiros de fotografía con mulleres descendentes da migración caboverdiana, embarcámonos na creación colectiva dunha exposición e dun arquivo de imaxes das mulleres na diáspora. O proxecto desenvólvese en tres localidades onde a comunidade caboverdiana se asentou desde os anos 70: Burela (Galiza), Bembibre (Castela e León) e Zaragoza (Aragón). Esta diversidade xeográfica ofrece unha perspectiva única para observar como evolucionaron os patróns de coidado a través das xeracións e dentro dos ciclos de vida familiar.