Mulleres á fronte dende o Sur Global

Investigación, intervención e acción participativa na Galiza para potenciar o diálogo e intercambio de saberes entre as voces subalternizadas das mulleres do sur global.
Directorio de artistas globais en Galiza
Accede ao Directorio de mulleres artistas migrantes en Galiza que desenvolven proxectos nas artes escénicas, explorando a experiencia migratoria desde diferentes perspectivas. Trátase dun conxunto de 32 proxectos musicais, de danza, teatro e multidisciplinares.
‍
Acceder ao directorio
Arquivo dixital do Batuku da Ribeira Grande de Santiago
Conxunto de materiais audiovisuais e etnográficos dos sete grupos de batucadeiras do municipio de Ribeira Grande de Santiago - Cabo Verde.
‍
Acceder ao arquivo
Mulleres á fronte dende o Sur Global é unha iniciativa de investigación, intervención e acción participativa que se formula como un diálogo de saberes e experiencias xenealoxicamente situadas e compartidas entre as voces subalternizadas das mulleres do sur global.
Aliando a experiencia do movemento de punk feminista riot grrrl coa do xénero musical caboverdiano batuko, o proxecto propón a incidencia en materia de igualdade e desenvolvemento a través do traballo coas comunidades de mulleres migrantes implicadas nas artes escénicas en Galicia e tamén coas mulleres batukadeiras da illa de Santiago, en Cabo Verde.

Actividades

Mapeamento de mulleres migrantes implicadas nas artes escénicas
Xornada de autodiagnose

Celebración dunha xornada de autodiagnose en torno ás experiencias, dificultades, problemáticas, necesidades, potencialidades, propostas…

Xornada de autodiagnoseXornada de autodiagnoseXornada de autodiagnoseXornada de autodiagnose
Editatona

Para incorporar na Wikipedia as referencias a estas artistas e grupos.

Podcast

Para difundir os traballos destas mulleres migrantes artistas, en colaboración con Cuac FM.

Podcast
Encontro final coas participantes do mapeo
Encontro finalEncontro finalEncontro finalEncontro final
Creación do Arquivo dixital do Batuku da Ribeira Grande de Santiago
Presentación do proxecto e encontro cos grupos de batuku
Presentación do proxecto cos grupos de batukuPresentación do proxecto cos grupos de batukuPresentación do proxecto cos grupos de batukuPresentación do proxecto cos grupos de batuku
Traballo de campo: recolla de datos, entrevistas e grabacións
Traballo de campoTraballo de campoTraballo de campoTraballo de campo
Devolución dos resultados aos grupos
Devolución dos resultadosDevolución dos resultados

Contámoscho en video

Materiais de difusión

Descárgaos para empregalos como queiras.
Descárgate os materiais de difusión