< Volver
Música

Wöyza

Wöyza é unha cantante, compositora e produtora galega, pioneira na escena Hiphop-Soul/RnB en español e galego; tamén foi a primeira cantante/raperA española en colaborar con grupos portugueses. En 2008 lanzou a nivel internacional o seu LP debut, “Pisando el suelo que ves” editado en vinilo, co que obtivo máis de 1 millón de descargas en todo o mundo e foi a punta de lanza da súa carreira. Ao longo dos seus 22 anos de traxectoria publicou 3 EP, 2 LP en solitario e 2 EP con grupos como V-Go! Negro Son Coro onde exerceu como directora coral e Wöyza & The Galician Messengers, banda coa que fusiona raíces tradicionais galegas con sons urbanos e electrónicos, e outros discos con grupos como Imperio Norte, Licor Kafé entre outros. Forma parte do colectivo europeo Rebel Babel Ensemble (xunto con Rapsusklei, Promoe, L.U.C, Mela Koteluk, Grubson...) e U.N.I.T.Y. (proxecto profeminista e multicultural) xunto con La Basu (con quen colabora en Black is Beltza para Fermín Muguruza no seu último LP).

Colaborou en varias ocasións con artistas como Nach, con quen visitou México por primeira vez en 2017, nun concerto único e emblemático, “Nach and friends”, no Pepsi Centel da CDMX despois de acadar un gran éxito con "Pelea" o seu segundo álbum de estudo, e "Tábula Rasa", co que volve a México para facer a súa propia xira en 2023. Tamén podemos escoitala con Rapsusklei, Payo Malo, Dealema, Mind da Gap, Ill Pequeño & Ergo Pro, Rebeliom do Inframundo, PutoLargo ou con artistas doutros xéneros musicais, en discos de Iván Ferreiro ou en directo con Carlos Núñez, Cristina Pato, Guadi Galego. Ten xirado por moitas cidades europeas, pero tamén por Casablanca, Nova Iorque, CDMX, Montevideo ou Zurich. Foi galardoada con 3 premios da música galega Martín Códax, á mellor artista urbana en 2014, 2019 e 2021, e ao mellor disco Top 40 Vigo Maketon of música en 2015 e 2024. Este ano superou o seu primeiro millón de views nun vídeo con "Cómo Sería" no Youtube.

Tamén é formadora e coach artística de profesionais dende hai máis de 15 anos. Entrou no mundo da locución publicitaria, traballa como imaxe de marca, presentadora e xurado de varios certames musicais e foi unha das voces expertas na exposición e libro "Galicia Futura" da Cidade da Cultura, (2021/22) comisariada por Deborah García Bello e Miguel Ángel Cajigal Vera ( @elBarroquista). Actualmente imparte masterclases en cuestión de música e xénero en centros xuvenís de Galiza e na Comunidade Valencià.