Sole Felloza é actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora, dramaturga e xestora cultural. Actual directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica (festivalatlantica.gal), con sede en Galicia. Leva máis de 30 anos contando en festivais de América Latina, Europa e Africa; como o Festival Sudamericano de Santiago de Chile e Valparaíso, Bienal de Oralidad de Santiago de Cuba, Feira do Libro de Sopot-Polonia, Festival de Teatro de Agüimes (Canarias), Feria de Teatro de Huesca, Festival de Palavras Andarilhas, de Beja,Festival Faro, Faro (2013), Festival Un Porto de Contos- Oporto, Mostra Internacional de Teatro – Valongo, Candeia-Mostra Internacional de Narración Oral- Salvador de Bahía(Brasil), Maratón de los Cuentos de Guadalajara, ou Feira de Teatro de Mindelo- Cabo Verde, entre outros.
É unha artista multidisciplinar ten un único obxectivo, contar historias para a cativada, mozas, mozos e público adulto.
Unhas veces desde o teatro, outras desde os contos, a fotografía, a documentación de espazos patrimoniais ou a produción e xestión de eventos culturais que nacen nas cidades e esténdense por toda a xeografía. Sempre na procura de descentralizar a cultura, axuntando o inmenso patrimonio material de Galicia co rico patrimonio inmaterial.
Os seus espectáculos xiran ao redor das historias que escribe logo de escoitar ás persoas que lle adican un tempo a contar do seu. Principalmente os relatos das mulleres que por tempo non tiveron a posibilidade de seren escoitadas.