Sofía Guilarte Reyes é unha guitarrista, cantante, compositora e produtora musical cubana;
profesora de guitarra na Escola de Música Moderna e líder da banda El Mundo de Sofía Band, un proxecto con gran recoñecemento dentro e fóra da illa. Considerada como la primeira guitarrista eléctrica solista á fronte dunha banda de rock en Cuba. Con tan só 16 anos creou o seu primeiro grupo, Oculary, en 2012.
En 2014 foi incluída na Asociación Hermanos Saíz como a integrante máis nova da institución. En 2018 lanzou a súa banda El Mundo de Sofía, coa que ofreceu xiras por todo o país cubano e participou en eventos como o Havana World Music 2019, o Mad Cool Talent 2021 (resultando entre as 25 bandas internacionais máis votadas), o Rock Solidario contra el Cáncer Infantil, o Jazz Plaza International Festival 2019 (onde compartiu escenario co recoñecido guitarrista norteamericano Stanley Jordan), o Eyeife 2021, o Under Córdoba 2021, entre outros.
El Mundo de Sofía band estivo nominada ao Festival Cuerda Viva durante 5 anos consecutivos; en 2020 o seu single La Tempestad foi premiado como Mellor Tema Musical Instrumental. Ese mesmo ano, a banda obtivo o primeiro posto no Certame de Talentos de Cuba.
Sofía Guilarte emigrou a España en setembro de 2022, e recompuxo a súa banda con músicos galegos. En agosto de 2023 encabezou o Festival Do Paradiso de Monforte de Lemos, que marcou o seu debut en Europa, iniciando despois a súa primeira xira por salas galegas como a Mardi Gras, o Jagger, o Clavicémballo, a Fábrica de Chocolate Club, o Pub Transylvania, A Sacabeira, Buril e outras.
Ao longo da súa carreira, gravou spots para televisión cubana, ofreceu entrevistas para medios internacionais e colaborou con artistas internacionais e discográficas como Bela Records (co sinxelo Un misil en mi cartel para o disco Gustavo Stereo 2020), a Cuban Shred Collab ou SenRitsu (con artistas de Polonia, Xapón e Colombia).