Actriz. Defínome como unha muller eléctrica enchufada a 220 voltios: non paro!.
Gústame facer comedia con moito gusto, enerxía e poder en todo o que fago. A interpretación, a caracterización, o xogo, a linguaxe e as rimas forman parte do meu repertorio. Unha das miñas especialidades é a recreación e reinterpretación de personaxes cotiáns e famosos.
Desde 2019 participo como actriz no grupo de teatro de mulleres migrantes Ecos do Sur. Gústame crear os meus propios textos e colaborar en laboratorios de teatro creativo.
Protagonicei o documental “Emoción, Vida e Teatro”, nomeado ao mellor documental nos Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego en 2024.