< Volver
Música

Pamela Rodríguez

Pamela Rodríguez, cantante e escritora peruana con máis de 20 anos de experiencia, estudou canto clásico, jazz e etnomusicoloxía na Universidade de North Texas, e foi nominada dúas veces ao Grammy Latino.  Despois de ter actuado por toda América, actualmente traballa dende A Coruña, onde vive coas súas dúas fillas.

“Creo cancións, prodúzoas e cántoas. Fago música feminista e psicodélica con influencias do rock e do folclore. Levo 20 anos moldeando a miña carreira na música. Teño 5 álbums e un sexto en camiño".

Nos últimos tempos puxo en marcha, xunto a Anxela Baltar, GARRA Espacio Creativo, “un lugar de encontro de talentos de diversas disciplinas, para persoas con ganas de explorar e ampliar inquietudes creativas. Un lugar para crear comunidade a través da sensibilidade, a música, a poesía, a maxia e a arte en todas as súas dimensións”. A música é o eixo principal das actividades de GARRA, onde podes presenciar entrevistas a artistas, asistir a espectáculos acústicos exclusivos, charlas, obradoiros de técnica vocal e interpretativa, producción, xestión, presentacións de discos, masterclass...