< Volver
Multidisciplinar
Poesía

Ophelia Pires

O meu traballo é unha exploración da resignificación a través da performance, fusionando elementos pop, teatro e poesía, co drag como plataforma principal. O proxecto que promovo busca ampliar as posibilidades o drag e conectalo con novos públicos a través dunha mensaxe fundamental: “Esta é a miña experiencia dende este corpo de muller”.

Palabras clave como Poesía, Performance e Drag definen o meu enfoque, e ao longo da miña carreira tiven a oportunidade de actuar en espazos como Claro Boba, Atlantic Pride 2023, xunto a Chenta Tsai e Orgullo Coruña 2024.

A miña formación en deseño industrial deu forma a un universo estético que desexo volcar no meu traballo de performance e nas artes plásticas. Ademais, a miña aspiración é seguir desenvolvendo cada un dos elementos fundamentais da miña práctica –poesía, voz e linguaxe corporal– para contar unha historia que é a miña, pero que tamén vai mutando e medrando a medida que avanza.