< Volver
Teatro
Música
Poesía

Noelia Gerbaudo

Son música, musicoterapeuta e migrante. Xunto con Charlie Martínez, formo parte do Dúo Desalma, un proxecto musical que fusiona folk e rock, inspirado principalmente no traballo do músico arxentino Charly García, especialmente no seu dueto con Nito Mestre:

Sui Generis. A proposta de Desalma xorde da procura de reencontrarnos en historias mínimas e próximas, máis aló do enmascaramento destos tempos. O noso repertorio inclúe tanto cancións propias como versións doutros artistas.

A miña formación académica e o meu encontro con artistas e profesionais da saúde con

perspectivas críticas sobre o impacto da música na vida cotiá e o seu papel na cohesión social foron fundamentais na miña contribución ao Dúo Desalma, ao igual que o noso proceso migratorio. A migración levounos a un entendemento aínda máis profundo do valor da cultura como un exercicio profundo da identidade.