< Volver
Música

Nilda Borges

Nilda Borges é nome da miña marca persoal. Actualmente canto e acompaño a persoas con vergoña a mostrarse ante a súa audiencia a compartir a súa voz auténtica.

Todos temos unha voz que reflexa quen somos, a nosa Esencia.

Con 2 anos vin dende Cabo Verde a Galicia, polo que, a miña voz para min é sinónimo de diversidade racial e cultural, ademais de matriarcado.

No proxecto abrango 3 piares fundamentais:

    1. A historia da túa voz única, a identidade.

    2. A túa voz (canto) como instrumento natural de equilibrio emocional.

    3. A voz como baile e impulsor de forza do corpo.

Todo a través de sesións, eventos e retiros en Cabo Verde. Un cambio de paradigma no que o que se pretende é substituir diálogos e guións obsoletos e mostrar a riqueza de África para achegala a Europa, a través da cultura galega.