< Volver
Música

Mounqup

Son Mounqup (Camille Hedouin), unha artista galega de orixe francesa, con raíces italianas e marfileñas. Son cantante, performer e produtora de música electrónica catártica e experimental, ademais de diretora de videoclips. Ademais, teño colaborado en espazos sonoros e interpretacións para obras de danza contemporánea con compañías como Fran Sieira, Furia Sotelo ou Marta Alonso Tejada. Como cantante, explorei diversos xéneros musicais e participei en varios grupos. Como Mounqup lancei álbums como “Castro Verdi” e “Aquelarre”, presentando un espectáculo audiovisual en xiras por España, Portugal, Francia e Italia. En 2017 fun recoñecida co Premio Narf, Martín Códax (2018) e Sonidos Mans (2020). Teño actuado en festivais internacionais como Womad, Sinsal, Bime, Monkey week… e participado en programas europeos como INES Talent e Keychange.