Son unha artista polifacética con máis de catro décadas de experiencia na música e a xestión cultural. A miña carreira vai dende a interpretación vocal, composición,
produción musical e docencia, á dirección de proxectos culturais de alto impacto. Colaborei con destacados músicos e poetas, tanto a nivel nacional como internacionalmente, fusionando ritmos e tradicións musicais para crear obras únicas e significativas.
Producín e publiquei dous discos: RENACER, unha obra que reflicte a resiliencia a través da música, e CANTIGAS TRASHUMANTES, un proxecto que une a poesía galega coa música latinoamericana. Este último proxecto valeume o “Premio Rodolfo Prada 2023 á Xestión Cultural ”, un recoñecemento á dedicación e creatividade investida na fusión do tradicional e o folclore de América Latina.
Ademais desenvolvín proxectos como ARGENTAS, unha homenaxe ás creadoras arxentinas e á súa influencia no meu traballo; GRACIAS A LA VIDA, un tributo a Mercedes Sosa; HOMENAXE AO ROCK ARXENTINO EN VIGO; participei en festivais como SON DE MARÍN, SON DE BOS AIRES, ou ARTEALDEA e colaborei coa orquestra folk SON DE SEU.