Artista transdisciplinar.
Directora artística, coreógrafa, performer, bailarina e intérprete, actriz e artista plástica.
Mercé traballa no eido da experimentación e hibridación interdisciplinar, creando novos formatos que fusionan a danza contemporánea coas artes plásticas. Nas súas obras combina o movemento coa súa propia obra (debuxo, pintura, ilustración, fotografía e vídeo).
É investigadora do movemento, especialidade que completou no centro Movement Research de Nova Iorque. A súa formación comezou co curso del Teatro de la Danza da Comunidade de Madrid, seguido do programa europeo de danza contemporánea para intérpretes e creadores do forum-dança, de Lisboa. Formación que completou co programa de profesionalización en danza contemporánea do Centro Nacional de Desenvolvemento Coreográfico de Toulouse, sendo convidada por Mathilde Monnier para continuar a formación no Centro Coreográfico Nacional de Montpellier. Remata a súa educación cun Máster en Artes Escénicas pola Accademia Dimitri en Suíza. As súas obras escénicas baséanse en minuciosos traballos de investigación previos, como "LP4am Sculpture_Device", baseado na escultura de Alberto Giacometti "Le Palais á 4 heures du matin", que foi estreada na Tanzhaus de Zúrich, onde foi artista coreográfica anual en residencia. A súa obra plástica percorre diferentes terreos entre a pintura abstracta con acrílicos, as acuarelas de paisaxes industriais, debuxos a tinta, collage e ilustracións en diversas técnicas. Incluso creando murais de arte urbana. Acudilla numerosas colaboracións internacionais con artistas de diferentes disciplinas. O seu traballo está documentado en diversas fontes, como no libro "A história da dança contemporánea na Galiza" ou en "Performance-Reihe: A decade of performance art in public spaces".