< Volver
Teatro

Mariana Rodrigo

Levo actuando dende que recordo e aínda ensaio coa paixón do primeiro día.

O mundo teatral para min é sempre unha invitación a xogar. Unhas veces dende o escenario, outras entre bastidores; ás veces desde a pluma, outras desde a dirección. Transversal a todo está a docencia.

Teño o privilexio dunha dilatada traxectoria no teatro independente de Bos Aires en diferentes papeis, desde a interpretación ata a dirección, a produción, a dramaturxia e a docencia, que levo exercendo, por intervalos e en privado, dende hai varios anos.

Cheguei á Coruña despois de vivir un tempo en Dublín. Aquí estou iniciando espazos de clase e formación interpretativa para mozos e adultos mentres traballo na redacción do meu próximo texto, estudo galego e aproveito para asistir a cada obra que se cruce no meu camiño.

Creo, con Mauricio Kartún, que “a arte é a respiración dos pobos” e que “se o teatro está vivo, sábeo”. Por iso, considero fundamental o encontro,o ensaio e a práctica artística desde todas as suas vertentes, e creo no poder do teatro para disputarlle á realidade a súa condición de única posible.