Son Lula, unha muller e nai emigrada con moito humor e corazón.
A miña conta de Instagram, @lulaengalicia, naceu como unha fiestra ao meu mundo cotián, onde comparto o que significa ser nai migrante en Galicia. A maternidade de dous fillos adolescentes é unha aventura en si mesma, pero vivila lonxe do teu país de orixe engade un nivel extra de complexidade, e é precisamente esa dualidade a que me gusta reflectir nas miñas publicacións. Cun toque de humor abordo temas como o choque cultural, as diferenzas na educación e aqueles momentos nos que simplemente hai que rir para non chorar. O meu perfil de @lulaengalicia é algo máis que un simple diario da miña vida de nai migrante en Galicia; é un espazo de encontro, reflexión e apoio mutuo.
Unha das iniciativas das que me sinto máis orgullosa é #MatecitoMigrante, un espazo que creei para conectar con outras mulleres migrantes a través de charlas en directo. Estes encontros, retransmitidos na miña conta de Instagram, son como esas conversas profundas que tes cunha amiga mentres compartes un mate.
Lula en Galicia é un proyecto que recolle historias reais da vivencia migratoria en Galicia, as pasa polo filtro do humor e as transmite cara o público a través de directos en Instagram, con un estilo moi personal que mestura técnicas de guionización, improvisación e interacción coas audiencias. Os directos de Lula poden realizarse tanto a través de canles dixitais como en vivo
O meu proxecto ten un obxectivo claro: axudar a outras mulleres migrantes a atopar a súa voz e o seu lugar en Galicia. Ademais, creo firmemente que o humor é unha poderosa ferramenta para afrontar as adversidades. Porque xuntas, con humor e solidariedade, podemos facer o camiño da migración un pouco máis lixeiro e cheo de esperanza.
A esta iniciativa súmanse os obradoiros “Brilla en Vivo”, cos que Lula ensina as técnicas do directo e o vivo a personas interesadas en desenvolver o seu potencial na sua práctica comunicativa, divulgativa ou artística.