< Volver
Música

Diana Tarín

Resume na súa propia persoa a riqueza da cultura musical da súa Cuba natal.

Afrocubana, cantante e pianista. Filla e neta de recoñecidos músicos na súa illa, con tan só 17 anos xa formaba parte do plantel de diferentes agrupacións femininas que viaxaron por distintos países, principalmente por Europa, como vocalista, pianista e intérprete de percusión.

Chegada a España como integrante dun grupo de música tradicional, quedou con nós, graduouse como pianista en Vigo, mentres colaborou en diferentes gravacións musicais, varias delas internacionais. Actualmente é profesora de música na escola Rock School Music CDM de Ponteareas.

Os seus músicos descríbena como creativa e incansable. Podes atopala coa súa banda en actividades benéficas, auditorios, festivais de Jazz, salas de concertos, importantes actividades sociais e centros nocturnos e de lecer de renome. Artista polifacética, o seu universo musical é longo e funciona ben coa familiaridade da tradición cubana, o jazz, pasando pola bossa nova, funky, soul, bolero e canción.

Cabe destacar a intervención de Diana Tarín en solitario como concursante no programa de televisión La Voz, da cadea Tele 5 en España.