Deiglis Castellanos de Nagykohi

Deiglis é directora de Orinoco Danza y Tradición e Presidenta da Compañia Artistica Iberoamericana de A Coruña CARIBE. Tamén é cantante cofundadora do Dúo Cerbatana Show (música variada), no que desenvolve o seu traballo habitual. 

Orinoco Danza e Tradición é un grupo de baile folclórico venezolano, que foi creado por inmigrantes venezolanos residentes na Coruña hai case unha década. Este colectivo nace da necesidade de manter viva a nosa cultura, raíces e folclore e así poder difundilo e facelo presente alí onde sexa necesario. Temos traxes adaptados ás coreografías e no noso repertorio facemos un percorrido pola música das distintas rexións de Venezuela, como  espectáculos e músicas típicas que marcaron a nosa historia. A nosa organización vai máis aló e trata de compartir, colaborar e guiar á xente que acaba de chegar e facilitar o proceso migratorio, que máis alá do aspecto económico pode afectar psicolóxica e emocionalmente, por ser un proceso duro en si mesmo. 

Cabe destacar que, dende os nosos inicios, Orinoco Danza e Tradición foi guiado por bailaríns profesionais como Dilmarys Freites (primeiro bailarín de Lara 2015) e Ronald Sánchez, director e coreógrafo da Compañía Nacional de Danzas Guanaguanare, de Venezuela. No noso desexo de medrar e ser a representación venezolana na Coruña tivemos a oportunidade de presentarnos en pequenos escenarios de intercambios culturais, festivais e festas privadas, dentro e fóra de Galicia. Tamén tivemos a honra de acompañar a artistas venezolanos como Rummy Olivo e Ilan Chester e máis recentemente neste ano 2024 asistimos ao "Desfile Internacional da Fogueira de San Juan" en Alacante. É o noso desexo ampliarmos os nosos horizontes e poder levar o noso folclore por toda Europa. Para iso organizámonos e creamos a Compañía Artística Iberoamericana da Coruña CARIBE.