D´ARIYA

D´Ariya: bailarina e coreógrafa de Tribal fusión e Danza oriental, mestra de Ioga, danza e meditación; Coach para a saúde e o benestar.

“Descubrín a danza oriental a través da escola Gaira no ano 2006. Despois formeime con outras profesoras e outros estilos de baile. Como son unha persoa moi creativa, combino todos estes estilos coa danza oriental en fusións: Estilo tribal americano, artes marciais, malabares, danza contemporánea, cheerleading, kizomba, hip hop, burlesque...

Utilizo a danza en forma de ARTIVISMO non só para expresar as miñas emocións senón tamén para chamar a atención sobre problemas sociais ou políticos e sobre todo para EMPODERAR ás mulleres.

Como coach de saúde e benestar, son unha apaixonada do mundo da danzaterapia, polo que creei o método DANZA ORGÁNICA”.