< Volver
Música

Catuxa Salom

Catuxa Salom, unha artista galega con ascendencia arxentina, destaca como unha das principais figuras no panorama folk-electrónico actual. En 2022 lanzou o seu primeiro traballo, Nunha aldea, un EP producido por Marcos Bayón en Prasat Bayon Studio, onde cada tema explora un universo sonoro que vai desde a música tradicional galega ata influencias latinas. Este disco, cargado dunha atmósfera tribal, invita a danzar e a reconectar co noso lado máis salvaxe e primitivo. Dende Aimogasta ata as serras de Lugo, Catuxa logra crear un espazo onde o vínculo co fogar e coa natureza cobra unha gran importancia. En 2024 recibiu o Premio Martín Códax da música galega na categoría de Músicas do Mundo, logo de ser finalista en anos anteriores. Con máis de 40 concertos, a súa xira de presentación consolidou a súa presenza na escena musical galega, sendo unha das artistas máis prometedoras. O seu próximo disco publicarase en novembro de 2024.