Artemisa Semedo é poeta e actriz; pertence á comunidade caboverdiana asentada en Burela dende os anos 70.
Traballou en colaboración co Museo Reina Sofía, co departamento de educación, realizando obradoiros para estudantes de ESO en Madrid, realizou obradoiros para diferentes espazos de Igualdade en Madrid. Facilitou diferentes obradoiros de escritura creativa en institutos de secundaria en Galicia, promovidos polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e por Asociación de Escritores en Lingua Galega, en SOS RACISMO Galicia. Participou en diferentes festivais como Vociferio, Poesía o Barbarie, Ciclo de Cultura Antirracista, Festival das Brétemas, Festival Poesía Salvaxe, Festival de Mulleres Artistas, Festival Desafoga, Festival de Poesía Decolonial, Festival Poetas. Colaborou en publicacións colectivas como DIVERSAS, LIBRES, NUESTRAS (editado por COGAM), Galicia e o decolonialismo, Matria Poética.
En teatro comunitario desenvolveu dous traballos dentro da compañía Artes pola Integración: A Ollada nas Mans e La Torre de Babel, baixo a dirección de Carlota Pérez.
Ten dado recitais na Casa Encendida, no Matadero, no Museo Reina Sofía. Colaborou con Africa Moment, Espacio Afro, coa artista LUASUA, Los Voluble e con diferentes ONG. Participa nun proxecto colectivo chamado La MANIGUA JAM, onde queren ser unha plataforma para poetas ou narradores migrantes, en residencia artística en La Parcería 2023, e este 2024 participarob na feira do libro de Madrid. Fixo un videopoema que resultou finalista no concurso Maldito Poetry Festival 2022, que se pode ver na plataforma Filmin LOS SILENCIOS.