< Volver
Multidisciplinar

Aranxa Vicens

Son migra, colleita de México, D.F. (1996), que habita o reino de españa. 

Plasmo a través da vivencialidade e as tradicións orais saberes enraizados para romper coa branquitude dende a decolonialidade e o antiacademicismo. 

Son un ser multidisciplinar; escribo e maqueto, curto e pego, observo e capturo, gravo e monto, e por suposto berro e xogo co silencio. No 2020 comecei a expresarme a través da escritura autoeditando o meu primeiro fanzine: "Flor de Cempasúchil". Despois, no 2021 chegou “Trauma”. A partir destas experiencias comecei a recitar e a performar palabra falada mediante os meus textos, ata chegar ao mundo editorial, con publicacións como "Alguén nos lembrará: Antoloxía de relatos LGBTIQA+" e "Construimos la casa que habitamos. Experiencias trans no-binarias, trans, migras y racializadas". 

Son fervor de sentires, tornado de emocións, negacionista da morte da curiosidade, así a cámara é a miña ferramenta de tramas que non son guionizadas, e que se converten en contacontos, ou son mudas e mentres, na nosa mente créase o texto. Estas posibilidades creativas fusionaron as imaxes coa necesidade de reflexión, e también co subconsciente, por isto tamén comencei a experimentar coa colaxe e a fotografía. 

se fusionan las imágenes con la reflexión y que ello lleva a crear

A performance chega a miña vida como evolución de todo o que xa levaba feito, a palabra falada fusionada con diversas formas de movemento, e a creatividade sonora foron indispensables para mergullar nesta nova experiencia. O "poemario sonoro" foi a miña primeira posta en escena, e estou emocionadada por seguir esta vía de experimentación. 

Tamén son Editora de Contido Antirracista en PlataformaCero, formo parte do colectivo Resistencia en Terra Allea, colaboro co Foro Galego de Inmigración e participo na posta en vida da Casa Comunitaria Aluandê e a Escola Antirracista.