Angelina Masud

Angelina Masud é bailarina profesional, solista multicampioa internacional, coreógrafa e Mestra diplomada de Danza Oriental e Folclore Exipcio.

Angelina é profesora certificada pola Academia de Danza Oriental e Ioga Prem Shakti, onde formou parte da organización e posta en escena de congresos e eventos internacionais para máis de 2.000 persoas.

Dende a súa infancia e ata hoxe, a disciplina da arte, os medios e o deporte teñen xogado un papel importante na vida desta bailarina de orixe colombiano-estadounidense, que practicou ballet, patinaxe artística, tenis a nivel competitivo e modelaxe, dos 13 aos 20 anos. Aos 17 anos Angelina sentiuse atraída pola danza oriental, pola filosofía da danza Hindú e polo ioga, grazas a Galmari, a súa primeira mestra nestas disciplinas.

Ao tempo que asistía a unha das máis prestixiosas universidades de Negocios Internacionais en Bogotá, especializouse en folclore e percusión exipcia a través de intensas xornadas de autoadestramento e obradoiros continuados de formación profesional xunto aos máis respectados mestres internacionais, cos que Angelina considera de vital importancia continuar a súa formación.