Elisabeth da Moura Varela
Portomosquito, Cabo Verde. 2010
En Cabo Verde, antes de ter auga corrente na casa, tíñamos que ir apañar auga no chafariz (fonte). Eu ía apañar auga cos meus primos e primas, que agora están todos en Burela. Tíñamos un bidón de 25 litros. Cada un de nós levaba un balde e tíñamos que repartir a auga do bidón nos nosos caldeiros, para levalos a casa. Se tíñamos que coller 10 ou 20 bidóns, tíñamos que dar un montón de voltas ate terminarmos. Gustábanos moito; en Cabo Verde gústanos moito ir apañar auga.