Cociñando
Ana Teresa Mendes Tavares
Bembibre, León. 2023
Estou cociñando puré, para todos. Chegas a casa despois do traballo e segues traballando. Terminas ás 11 e dis: Meu Deus, en serio? Levántaste ás 6 e volta outra vez á rutina. Pero bo, tes tamén a axuda das avoas, que aí están. Teño a miña nai, a miña sogra aquí. Axúdanme en todo. Cando naceu a miña filla, aos 3 meses tiña que incorporarme a traballar e practicamente criouse coa avoa, porque nós traballamos por quendas: tarde, mañá e noite. Ata que hai 3 anos que pedín redución.