Álbum familiar de Verónica Mendonça da Costa
Torre del Bierzo, León. 1989
Eu nacín en Torre del Bierzo. As casas agora teñen calefacción, pero daquelas nas casas de Torre só había cociña de carbón. Na cociña entón faciamos a vida, viamos a tele e, claro, o salón utilizabámolo no verán, ou a salita, porque non eran salóns, era salita. Lémbrome, e vías á miña nai sentada de noite cosendo a funda de papá, sempre, sempre, sempre.