Álbum familiar de Verónica Mendonça da Costa
Lisboa, Portugal, 1989
Esta é dunha viaxe que fixemos cos meus pais a Lisboa, iamos a Cabo Verde. É no zoolóxico, iamos coa miña nai. Lémbrome, eu tiña 8 anos. Era a primeira vez que ía a Cabo Verde e paramos en Lisboa porque daquelas viaxar era… Pasamos unha semana en Lisboa e, mentres, esperamos a que nos puxesen os visados ou vistos… a miña nai levábanos de paseo. A primeira vez que fomos a Cabo Verde. Non sei o que fixen onte, pero desa viaxe non me esquecerei.