Álbum familiar de Eunisia Mendes Lopes
Bembibre, León. 1984
A miña nai estaba en São Nicolau, o meu pai era profesor de Praia. O meu pai foi alí dar clases e namoráronse. Seica os pais da miña nai non estaban contentos. Despois de que se coñeceron o meu pai foi para San Sebastián e despois miña nai foi de São Nicolau a Roma, a traballar. Estivo interna en Italia un tempo. Despois conseguiu ir a San Sebastián e aí tivéronme a min no ano 78. Eu son a maior. Seis irmáns, comigo sete.