Álbum familiar de Verónica Mendonça da Costa
Torre del Bierzo, León. 1980
Foto 1 de 2
Os meus pais coñecéronse en Portugal. Primeiro veu o meu pai a España e a miña nai quedou en Lisboa esperando para ver se a cousa ía ben e ver se podía vir para aquí. A cousa foille ben, na mina si que había traballo, como lles dicían. E ao final puido traer á miña nai que xa tivera á miña irmá Ni. A miña irmá Marisa e eu que somos as pequenas, xa nacemos aquí. E os meus pais claro, casaron o día que me bautizaron a min.