Álbum familiar de Ana Paula y Neida Cabral
Sousa Portugal. 1980
Os meus pais coñecéronse en Portugal e tivéronme a min alí. Veu o meu pai primeiro, atopou traballo e unha casa moi pequecha alí na estación, ata me acordo porque tiña bañeira e bañábanme a min na bañeira. Viñemos a Bembibre no 82. O que facía as fotos era o padriño do meu irmán, era fotógrafo caboverdiano na Bañeza, Leonardo.