Álbum familiar de Naira Pereira Lopes
Zaragoza. 1996
Aquí a miña nai está cunha muller que viviu en Alcañiz. Agora viven aquí, pero antes vivían en Alcañiz. Eu só fun unha vez coa miña nai, pero foi súper express, porque fun vender torresma. En Cabo Verde, a miña nai encargábase da tenda do meu avó en Belém, logo cando veu xa se esqueceu diso, pero hai pouco, como lle pasou o do brazo [accidente laboral], pois empezou a facer longaniza, chourizo de sangue, torresma. Tamén ten congo, catxupa, feixón. Tráenllo todo de Portugal. A señora de Alcañiz creo que lle serviu de algo na voda.