Álbum familiar de Elisabeth da Moura Varela
Cidade Velha, Cabo Verde. 2015
Esta foi en Cidade Velha nun curso de pastelería porque me gusta moito. Esta é a miña amiga, esta é a miña prima, esta é de Txan de Tanqui e estoutros son amigos que coñecín en Cidade Velha. Foi hai moito tempo. A formación durou 9 meses, eu vivía en Portomosquito e ía todos os días. Esta era unha formación á que ías adquirir coñecementos e, logo, se querías ter máis formación facías outro curso e o completabas. Eu completeino, fun facer o curso de hotelería na EHTCV, despois fixen un curso na illa de Sal, despois do curso en Sal, conseguín traballo alí e quedeime. Estiven creo que 3 anos.