Álbum familiar de María Sofía da Costa Tavares
Burela, Lugo. 1987
Esta é Aurora, tiña unha tenda de ultramarinos. Eran amigos do meu pai desde pequena. Eu creo que fixeron amizade a partir do supermercado, cando o meu pai ía ao mar e a miña nai tiña que ir comprar…, pois ía a ese ultramarinos que era o que quedaba máis perto de casa e a partir de aí colleron confianza. De feito, o matrimonio son padriños dos meus irmáns. Ela é unha das primeiras madriñas brancas de Burela.