Álbum familiar de Naira Pereira Lopes. Zaragoza. 2008

Álbum familiar de Naira Pereira Lopes

Zaragoza. 2008

Esta foto non me acordo agora mesmo, pero debe ser un bautizo aquí. Aí están a miña tía, a miña nai e eu. A miña tía é tamén de Belém e é filla de Faustina. Chegou igual fai uns 8 ou 9 anos porque estivo a vivir en Portugal, alí ten todos os seus fillos e estivo a vivir con eles e despois decidiu vir. Veu porque non lle gustaba Portugal, as condicións, o traballo… Alí traballaba limpando casas. Os seus fillos son maiores. Agora ten dous en Portugal e un en Cabo Verde, que veu hai pouco e non lle gustou a vida en Portugal e foise.