Álbum familiar de Artemisa Delmar Semedo da Moura
Fontiano, Cabo Verde. 2000
Nesta casa tan peculiar, naceron a miña nai, os meus tíos e tías, curmáns e primas. Hoxe xa non vive ninguén alí, pero a paz que sinto cada vez que vou a Fontiano é indescritible, hai algo que me fai sentirme en casa. Alí pasei os mellores veráns da miña infancia rodeada da miña familia.