Álbum familiar de Elisabeth da Moura Varela
Cidade Velha, Cabo Verde. 2015
Esta foto é dun concurso, acabei gañando o primeiro premio. Tiñas que facer un biscoito e decoralo. A mellor decoración foi a miña e gañei un libro con moitas receitas. Aínda fago biscoitos con decoracións. Aquí en Zaragoza, no traballo son a responsable de pastelería. Levo dous anos e pico. Desde que vin a Zaragoza traballei en dous restaurantes que finalmente os deixei porque non conseguín renovar os meus documentos. Eu vin con contrato de traballo, mais logo, cando chegou o coronavirus, tiven que quedarme parada e logo non me renovaron porque non tiña os seis meses cotizados. Quedei sen documentos.