Voltando no tempo
Álbum familiar de Katia Sofía Da Veiga Gomes
Burela, 2010
Esta foto lembro que era na “Calle do Río”, nun baixo que facían festa os caboverdianos. Era no aniversario de Lía, entón empezamos a batukar. Ao meu lado esquerdo está Melanie, unha amiga miña, que era das maiores entre nós… ao meu lado dereito está miña irmá xemelga, Carla … ao pé da miña irmá está Milena, a miña sobriña, e ao seu lado está Beba, unha das integrantes de Batuko Tabanka, que nos estaba axudando… e ao seu lado está Patricia. Polo que se ve na foto parece que estábamos moi contentas. Oxalá que a foto fose máis ampla para ver máis xente e lembrar máis cousas.