Álbum familiar de Naira Pereira Lopes
Zaragoza. 2004
Aquí están cunha cana. Os meus irmáns e a miña nai. A min a cana encántame. Ten o meu pai aquí na horta plantada cana porque nos encanta. Pélama sempre o meu pai, é como un chicle en verdade. Mordes, sacas o xugo, e logo tiras del. O meu pai xa non traballa. Traballaba nas obras, pero xa está xubilado. Como se pode ter unha horta en Zaragoza? Él tiña un amigo con horta e sempre nos gustaba ir, só que quedaba moi lonxe. A min encantábame ir, íamos e plantábamos, así que o meu pai colleu unha horta propia por min, pero, claro, eu fun crecendo, e xa teño plans… agora quedamos algunha fin de semana para comer e xa. El planta de todo. Ten couve, leitugas, tomates, patacas, ten cana, ten de todo.