Álbum familiar de Verónica Mendonça da Costa
Torre del Bierzo, León. 1985

Non tiñamos avós en España e todo o mundo dicía: vou a casa dos meus avós. Nós non tiñamos avós. E este señor, estes señores, vivían aquí na casa da beira e, de feito, Marisa e eu onte diciamos: como se chamaba o avó? Non nos acordabamos do nome porque lle chamabamos avó, a el e á súa muller. Agora si, chamábase Alejandro.