Álbum familiar de Ana Paula y Neida Cabral Sousa

Bembibre, León. 1987

É a comuñón dunha amiga. Estabamos enfronte da asociación Amílcar Cabral, cando estaba na estación. A muller maior é a miña avoa por parte de pai. Está enterrada aquí en Bembibre, viviu aquí. Chegou sobre o 84 ,85 e viviu aquí ata que morreu en setembro de 1999. Era moi bailarina, era a primeira que ía ao baile e a última en marchar.