Álbum familiar de María Sofía da Costa Tavares
Burela, Lugo. 1986
Foto 2 de 2
O meu pai falaba moitas veces coa miña nai e facíame moita graza porque cando chamaba desde o barco sempre dicía: si, veño tal día, cambio. E a miña nai: bo, esperámoste en casa, cambio. Iso de cambio, cambio, era moi de película. Sempre falaba en casa de se tivera unha marea boa, unha marea mala, de accidentes que pasan no mar, si, sempre falaba do mar.