A asociación

Ana Paula Cabral Sousa

Bembibre, León. 2023

- Esta é a asociación de caboverdianos máis activa e máis antiga de España. Fundouse en 1985.

- A nós, a primeira xeración, mantívonos moi unidas. Todas nos criamos aquí, había actividades, deportes, festas.

- Agora xa non vén xente nova.

- Algún ven, pero bo, veñen sobre todo de visita.

- Na festa da independencia de Cabo Verde isto pétase.

- Si, de xente criada aquí en España, veñen de Madrid, de Zaragoza, de Burela, tamén de Portugal.

- Si, a independencia celébrase aquí porque é onde hai máis organización e porque é onde hai unha asociación.

- A verdade que si.

- A Asociación Amílcar Cabral.

- É que é a asociación máis antiga de toda España.

- A Cabral é a máis antiga.