Axuda

María Sofía da Costa Tavares

Burela, Lugo. 2023

Son amigas da miña nai, xuntáronse para matar pitos. Reúnense e axúdanse no traballo, na horta, do que van labrando na horta. Unha chama á outra: axúdame a quitar as patacas, axúdame a recoller o millo, as fabas, as xudías, e vanse turnando unhas coas outras. Estas son a miña nai, unha amiga que está a cobrar a pensión por viuvez e outra amiga que traballa na hostalería e tamén coidando xente maior nas súas casas. E, a horta cando? pois cando poden, cando teñen unhas horas libres polas tardes ou ás mañás.