Álbum familiar de Naira Pereira Lopes
Zaragoza. 2008
Esta foto é do meu bautizo. Aí está a miña madriña. Eu non me lembro, só polas fotos. Eu tiña un ano. Nos bautizos caboverdianos hai moita comida. Aquí puxemos unha mesa súper longa, porque o fixemos nun terreo, e toda chea de comida, con todo tipo de bebidas, todo. Festa ata o amencer. Os meus padriños son de Portugal e Burela, son curmáns da miña nai. Vin ao meu padriño en xaneiro en Cabo Verde, porque tamén adoita ir alí moito.