Álbum familiar de Ana Paula y Neida Cabral Sousa

Bembibre, León.

- Estes son os fillos do meu tío Luis. A miña irmá, a miña curmá a maior, o segundo do meu tío Luis, e a terceira do meu tío Luis, do primeiro matrimonio. E estes somos os irmáns. A foto foi na estación, foi algunha celebración. A miña irmá leva esta vela, se cadra era o bautizo dalguén.

- Podería ser un bautizo. Pero mira, estes traxes fíxoos mamá. Si, nai cosía moito.

- Estes non os trouxo a tía de Madrid? ou de Italia?