Álbum familiar de Ana Teresa Mendes Tavares
Praia, Cabo Verde. 1982
A miña nai naceu en Portomosquito, porque a miña avoa era de alí e o meu avó de Santana. Os meus pais coñecéronse alí, en Cabo Verde. O meu pai é de San Djon. Casaron alí no ano 75 e logo nacín eu no 76. Viñemos para Bembibre. Primeiro meu pai e logo viñemos a miña nai e máis eu. Acórdome. Viñemos en avión ata Portugal e alí recolleunos un curmán da miña nai e de Lisboa para aquí. O meu pai era mineiro e a miña nai nada, en casa, traballaba na casa. Nunca traballou fóra de casa. Logo o meu pai mandou vir ao meu tío o pequeno, que vive en Burela e anterior ao meu pai estaba outro tío meu, que vivía aquí.