Álbum familiar de Evelise Verónica Varela Fidalgo
Portomosquito, Cabo Verde. Años 2000
Cando a miña nai emigrou, miña irmá e mais eu fomos vivir a Portomosquito. Nacemos en Rincón e vivimos alí cos nosos pais. Primeiro veu meu pai e despois veu ela, e miña irmá e eu fomos quedar coa miña avoa materna a Portomosquito. Non teño moitos recordos daquela, só cousas soltas, tiña menos de 4 anos, pois vin a Burela con 4 anos. Estou coa miña prima Ruty.