Álbum familiar de Elisangela Diana Coelho Gomes Lopes
Rubereta, Cabo Verde. 1997
Esta foto é na festa de San Antonio que se fai nunha zona que se chama Rubereta, é un monte e hai unha capela pequena, a capela de San Antonio. Está lonxe. Nós cada ano íamos á festa e nos poñiamos así, guapas. Guapas, bueno, a min non me gustaba peitear moito, pero ese vestido encantábame e poñiamos uns tenis, así, porque aí é todo terra, non é coma aquí que as terras están molladas. Aí a terra está solta, mancha moito.