Nacionalidade

Katia Sofía Da Veiga Gomes

Lugo. 2023

Esta foto é da miña irmá. Dixen eu: Esa téñoa que sacar. Porque eu fun antes, en xaneiro. Vai facer un ano. É o pasaporte que tiña que recoller en Lugo. Díxome: Acompáñasme? E pregunteille se a podía fotografar para explicar que foi cando lle deron a nacionalidade española, que tivo que ir recoller o pasaporte español porque ata entón tiña o de Cabo Verde. Tardamos 12 anos en ter a nacionalidade, son 10 anos de residencia obrigatoriamente. Aquí está xusto na porta da comisaría de Lugo.