No salón de peiteado
Ana Paula Cabral Sousa
Bembibre, León. 2023
Estaba a peitear a unha clienta. Traballo no fogar do pensionista. Collín o salón de peiteado de aí. É unha concesión da Junta de Castilla y León. Fanme o contrato por ano. Eles póñenme o prezo. O corte de cabaleiro, por exemplo, son 7 euros. Peitear e tinguir son 20 euros.