Álbum familiar de Naira Pereira Lopes
Zaragoza. 1993
Esta foi a voda dos meus pais. Os meus pais viñeron no 98. Si, porque a miña nai leva aquí 34 anos. O meu pai leva un pouco máis. Igual no 90 ou no 80 e algo. Coñecéronse aquí. O meu pai estivo a vivir en Pamplona, pero ao final veu para aquí. Á miña nai axudárona a vir as súas irmás. Elas estaban xa en Portugal e axudárona a vir e quedou na súa casa en Lisboa uns meses. Veu para Zaragoza porque non lle gustaba vivir en Portugal, nunca lle gustou, e aquí tiña ao seu outro irmán. A miña nai estivo a traballar en residencias, estivo tamén limpando colexios. O seu último traballo foi de limpadora na estación de Zaragoza, na estación Delicias ata que tivo o accidente e xa, pois non… caeu traballando, tivérona que operar, operárona mal e perdeu a mobilidade do brazo.